Xosé Manuel Sánchez Rei

Xosé Manuel Sánchez Rei (A Coruña, 1973) é profesor títular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación son a gramática do galego contemporáneo, a linguaxe literaria e a variación lingüística, temas sobre os cales ten dada a estampa monografías e artigos tanto en revistas especializadas galegas como en publicacións internacionais (Cadernos de Lingua, RAG; Diacrítica-Ciências da Linguagem, UMINHO; LaborHistórico, UERJ; MadryGal, UCM; Raigame, Dep. de Ourense; Revista de Letras, UTAD; Revista Galega de Filoloxía, UDC; Revue Romane, Jonh Benjamins; Rostocker Romanistische Arbeiten, Peter Lang; Verba, USC; etc.).

Entre as súas afeizóns sobrancean a música e a poesía tradicionais, ámbitos en que, igualmente, ten publicado diversos traballos, cal A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros (Laiovento, 2006), Lingua, música e toponimia da Galiza (Baía, 2016), Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX (Laiovento, 2017; 2ª ed. en 2018). Tamén publicou recentemente nos Estados Unidos, xunto a Catalina T. Castillón, profesora da Lamar University, a edición en dous volumes do Traditional Galician Cancioneiro Compiled by Cipriano Torre Enciso (The Edwin Mellen Press, 2019), unha obra de máis de 1.200 páxinas inédita até a ese momento.

NOTAS DE CAMPO

Oscos
23 Decembro

Oscos

Os Oscos é unha comarca interior asturiana formada por tres concellos que, baixo este apelido común, […]
Buño
23 Decembro

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;