Quique Roxíos

Quique Roxíos

(Roxíos, 1964)

Enrique González Álvarez naceu en Roxíos, Boal (Asturias) no ano 1964. Licenciado en Dereito, comenzou de ben novo a defender a fala galega del Eo-Navia.

Colaborou coa revista Ámbitu de Uviéu e co “Suplemento Cultural” de La Voz de Asturias. Tamén participou no suplemento literario “O Espello” da revista A Freita, onde publicou el poemario Teño dolo da túa risa, e na colección Castelo das Letras coel libro de contos Debaxo de nabis, sapis. Ten publicadas algúas ponencias e artigos en diversos medios dixitais e de papel, ademais de desenvolver un traballo de divulgación a través del blogue Espazo de Quique de Roxíos e del dominio www.gallego-asturiano.com.

En 1994, por motivos de traballo, emigrou de Asturias. Como funcionario de xusticia desempeñou destinos en Baleares, Cataluña, Cantabria e Euskadi. Actualmente reside en Donostia.

Ganou el I Concurso de poesía Miguel G. Teijeiro, de As Figueiras, e el XVII Certame de Poesía “Andoriña Voandeira”, convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, coa obra Personaxe desconocido, el primeiro dos tres poemarios que compoin este libro.

NOTAS DE CAMPO

Oscos
23 Decembro

Oscos

Os Oscos é unha comarca interior asturiana formada por tres concellos que, baixo este apelido común, […]
Buño
23 Decembro

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;