Pablo Barreiro Rivas

Barreiro Rivas

(Forcarei, 1956)

Pablo Barreiro Rivas, produtor e técnico de son, colabora habitualmente coa maioría de agrupacións musicais de Galicia, entre as que figuran a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, a orquestra de Cámara Galega,os Conservatorios de Música e diversos grupos e agrupacións como Ultreia, Martin Codax, Resonet, Ars Atlántica, Ars Combinatoria, Fuxan vos Ventos, Fíana Roca, etc., coas que ten realizado discos e sonorizacións públicas. Nesteúltimo campo, destacan as sonorizacións coa Real Filharmonía de Galicia na tomade posesión do Goberno Autonómico en 2005 ou no vixésimo aniversario doAuditorio de Galicia con Ute Lemper. Tamén a sonorización en directo da estreada película De Profundis, coa O.S.G, orquestra coa que tamén colaborou como director técnico nos concertos de verán na praza coruñesa de María Pita en 2009 e 2010. Ten publicado discos con Naxos, Harmonía Mundi, Brilliant, Enchiríadis, Glosa, Boanerges, Fundación Autor emedio cento máis de compañías de menor entidade. No ano 2000, a súa producióndo Codex Calixtinus, foi nomeada polarevista especializada Goldberg, mellor gravación de 1999, e recentemente, a gravación das Cantate Contarini,do grupo Ars Atlántica, foi elixida como mellor disco do ano 2009 en Holanda. Especializado na gravación de órganos, foi chamado en 2009 polo cabido da Catedral de Milán para unha gravación do órgano sinfónico do Duomo.

É Premio Galicia de Comunicación Audiovisual, outorgado pola Xunta de Galicia en 2004, e Premio da Crítica en tres ocasións, nas dúas primeiras pola sonorización e música da película Sempre Xonxa e a gravación do Codex Calixtinus, respectivamente, e a última delas a título persoal en 2006. Compuxo as bandas sonoras de varias películas, entre as que figuran Mamasunción e Sempre Xonxa, e música para varias series de TV, entre as que destaca Mareas Vivas. Tamén dirixiu gravacións de varias bandas sonoras para o cine, como Heroina, De profundis ou Cota Vermella. Dende 1985 dirixe o Servizo de Produción e Arquivo Sonoro da Radio pública de Galicia.

Pablo Barreiro colaborou con Editorial Canela nas gravación, montaxe e mastering para os CD que acompañan os libros: Manuel Enríquez Fernández, Nela de Bres (2012) e Desiderio Sampayo Rico, Siderio de Vilarmide (2015).

NOTAS DE CAMPO

Oscos
23 Decembro

Oscos

Os Oscos é unha comarca interior asturiana formada por tres concellos que, baixo este apelido común, […]
Buño
23 Decembro

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;