(Tui, 1965)
María Josefa Fernández Fernández estudou galego-portugués na USC, licenciouse en Filoloxía Hispánica na UVIGO, na que tamén cursou o máster de Mestrado en profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Afeccionada á etnografía, realiza traballos de recollida pola súa contorna. Con eses contidos, no 2002 sae á luz Paramos, cronoloxía dun pobo. En 2009 edítase un novo traballo A nosa xente emigrante, esta vez froito dun estudo sobre a emigración na zona de Tui. No 2010 colabora na RMT con diferentes achegas sobre os propios traballos de campo, contos e composicións, tomando como base os costumes, as tradicións e as crenzas populares. No ano 2011 publica na revista Atenea, o relato curto “A choiva corisca na fiestra do meu cuarto”. No 2012 publica en Tempos Dixitais “Unha guerra con catorce anos”, na que conta unha historia sobre a Guerra Civil en Tui. En 2014 e 2015 colabora na publicación anual da Asociación Cultural Levada Libre, Memoria e sentimento, con relatos curtos e poemas. En 2016 publica con Editorial Canela o libro: Antón Corral. A alborada dun soño e en 2020: Os Rosales. O son da festa.
Conversa con Fina Fernández sobre Os Rosales. O son da festa.