Daniel Carballo Penelas

Daniel Carballo Penelas

(Lausanne, 1973)

Daniel Carballo Penelas, Maca, veterinario de profesión, reside en Lugo. A súa formación como músico realízase na Tradescola (escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos), onde asiste principalmente a clases de zanfona, con Luis Correa, o Caruncho, e de percusión, con Xosé Lois Romero Cajigal. A súa actividade musical comeza no Obradoiro de Cultura Tradicional “A Volta do Agro”, co que continúa a cola-borar na actualidade. Durante o ano 2011 forma parte do grupo Tiruleque e colabora na gravación do seu disco Mu!! (2013) en dous dos seus temas. No ano 2012 funda, xunto con outros músicos, o conxunto-charanga tradicional Airiños da Freba co fin de investigar e divulgar a música tradicional da provincia de Lugo. Nesta actividade de investigación e procura do contacto directo con músicos tradicionais coñece e relaciónase cun bo número de gaiteiros da provincia como, neste caso, o propio Siderio de Vilarmide.

NOTAS DE CAMPO

Oscos
23 Decembro

Oscos

Os Oscos é unha comarca interior asturiana formada por tres concellos que, baixo este apelido común, […]
Buño
23 Decembro

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;