Carlos Valcárcel Gay

(Lugo, 1929)

Carlos Valcárcel Gay é un recoñecido fotógrafo lucense que realizou milleiros de fotografías analóxicas en branco e negro de gran interese etnográfico e patrimonial, fundamentalmente na segunda metade do século XX. Parte delas foron publicadas en portadas de importantes revistas, e na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo pódese contemplar a exposición permanente: “Carlos Valcárcel, fotografías 1962-2002”, da que se editou en 2003 o catálogo Carlos Valcárcel. Fotografías (1969-2001). Dende hai varios anos dá nome ao premio principal do Maratón Fotográfico do Campus Universitario de Lugo, que se celebra coincidindo co inicio do curso escolar.

En outubro de 2017 foi recoñecido co título de Fotógrafo Histórico pola Deputación da Coruña e, en 2019, o Grupo Fotocinematográfico de Lugo entregoulle o trofeo Fonmiñá pola súa dilatada traxectoria fotográfica.

En 2017 colaborou con 28 imaxes no libro Terra e Alma de Moisés Quintas e, en 2020, Editorial Canela publica unha selección con 197 fotografías do seu arquivo na monografía Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960-1980.

NOTAS DE CAMPO

Oscos
23 Decembro

Oscos

Os Oscos é unha comarca interior asturiana formada por tres concellos que, baixo este apelido común, […]
Buño
23 Decembro

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;